SALGUEIRO
SALIX BABILONICA
1-10 marzo / 3-
12 setembro
O salgueiro está dedicado a
Icía puxo a música e Borja voz a un fragmento da novela A esmorga.
[...]
-
-Si, señor, si; os mesmos. O Juan Fariña e o Eladio Vilarchao, que están
aí nos papeis, son o Bocas e o Milhomes polos alcumes, que é como aquí nos
coñecemos todos e que non ofenden a ninguén, porque Xan e Aladio poden ser
calisquera, pero o Bocas e o Milhomes só poden ser os que son, do mesmo xeito
que eu son Cipriano Canedo e me chaman o Cibrán ou o Castizo, como vostede
goste, pois o meu pai tiña un castizo para servir porcas, con licencia... Anque
tamén me chamen o Tiñica e o Puchapodre, porque de rapaz tiven a tiña, que me
durou ata mozo, e andaba coa gorra moi apegada...
-
- Non, señor non; só era para írmonos entendendo, pois xa me vou
deprocatando que vostede non é de aquí...
-
[...]
Eduardo Blanco Amor, A esmorga
No hay comentarios:
Publicar un comentario