Departamento Lingua Galega, EDLG e Biblioteca.

miércoles, 9 de noviembre de 2016

A CASTAÑA FOI A PROTAGONISTA DO SAMAÍN

Chegaba o samaín e xa tiñamos as castañas recollidas. Agora tocaba un pouco de traballo, que foi doado grazas a Elena. Aquí vos deixamos co  que fixemos en  Hábitos da vida saudable.

Debuxámola
Investigamos sobre a súa historia.
Coñecemos as súas propiedades.
Aprendemos idiomas.

E adozamos o traballo cun poema dos nosos amigos:


martes, 25 de octubre de 2016

Seguimos no tempo de outono

Cando nos achegamos a recoller as castañas do noso castiñeiro vimos que a árbore necesitaba unha poda inmediata. Non dubidamos en facela porque sabiamos que non iamos molestar o castiñeiro. Só houbo que esperar uns días ( alguén esqueceuse de traer a tesoira...) para realizar este traballo.
Que sorpresa tivemos cando volvemos ver que había nova colleita de castañas e, por riba, moita máis vexetación.
Aquí van as fotos que amosan ese momento:
Castiñeiro necesitado de poda.
Na recolleita antes de realizar o noso traballo
Boas castañas, non si?
Antes de podar tivemos que escoitar como había que colocar a tesoira e outras recomendacións máis. Carmela foi a elixida para a poda e  nós eramos os encargados de recoller as pólas para deixar limpa a nosa Alameda literaria.
Carmela podando ou limpando a árbore. 
 Non digades que non fixemos un traballo excelente. Que contento quedou o castiñeiro!
Canta vexetación!!!
E como fixemos un percorrido pola nosa Alameda para ver se había que limpar algunha outra árbore, volvemos pararnos na oliveira.

jueves, 20 de octubre de 2016

RECOLLEITA

Logo das vacacións chega o tempo do instituto, do traballo, dos traballos e da recolleita. Este curso estamos content@s porque as nosas árbores deron froito grazas ao noso coidado, claro está. Todas non, porque a maceira dános moito que facer.
Mirade a oliveira co seu froito.
Agora que estamos no tempo de outono dirixímonos ata o noso castiñeiro e atopamos isto:
Que ourizos máis guapos!
E aquí está a recolleita das nosas castañas:
Se vos fixades na foto anterior veredes que hai algúnha abelá... Algunhas persoas xa se adiantararan a nosa colleita.
Agora só queda comelas e saborealas o día do Samaín.
Ata pronto.

martes, 18 de octubre de 2016

Cinco novas árbores senlleiras

O outro día lemos no xornal El progreso que a Xunta de Galicia recoñecía a catro carballos e un freixo centenarios da zona de Muimenta como árbores senlleiras e que as incluía no seu Catálogo Galego.
Estamos content@s porque vemos como hai moitas persoas que seguen coidando as árbores e pedindo que as protexan.
Na noticia do xornal falaban de que o freixo estaba acompañado dun poema de Crecente Vega. Deixámosvos con parte del...

"O FREIXO"
 No campo de entre as casas, terra atopou de gusto e
prendeu i enraizou astra moi fondo nela. E xa ten centos de anos .
I está sano e robusto, co seu follaxe verde i a súa flor marela;
Coas súas canas vellas o campo enteiro abarca . Debaixo da súa
sombra non se sabe que é vran, erguendose moi outo  este señor
monarca xa di desde moi lonxe seus reinos donde están. Ás casas
que son súas - acordaas a facer  , mandalles cos seus brazos
o amoroso beixo e reza polos vellos avós, o vello freixo . ¡ Tantos
vellos que el viu nacer e viu morrer ! ... Ou ti , bon camiñante:
se polo  Freixo pasas, parate a vé- lo freixo...

Parabéns a XOTRAMU porque conseguiron o que había tempo levaban pedindo. Agora as súas árbores xa teñen o recoñecemento que  merecen. 
Nós seguimos coidando as nosas 21 árbores porque sabemos que algún día tamén estarán incluídas no Catálogo Galego das Árbores Senlleiras. 
Deixámosvos con esta presentación das árbores senlleiras da Terra Chá porque nos gustou moito.



martes, 14 de junio de 2016

COLOCAMOS AS PLACAS EN BRAILLE E OS CÓDIGOS QR

Os argalleiros e argalleiras sempre temos algunha idea na nosa cabeciña e desta volta, como seguramente xa sabedes, decidimos mellorar a nosa alameda literaria engadindo a cada unha das nosas árbores unha placa en braille e un código QR. Nas placas en braille aparece o nome científico da árbore, o seu nome popular e a data de nacemento das persoas que naceron baixo a súa proteción (segundo os celtas). Ao escanear o código QR poderedes escoitar o poema que a árbore leva asociado posto na voz dos argalleiros e argalleiras. Queremos agradecer á fundación da Once da Coruña por colaborar con nós e tamén a Fernando, o noso vicedirector, por axudarnos cos códigos. Agora a nosa alameda está máis adaptada a aquelas persoas cegas, que tamén merecen desfrutar das súas árbores e dos seus poemas.
Aquí vos deixamos unhas fotos do día que colocamos as placas:

Colocando un  dos códigos QR.

Colocando unha das placas en braille.

As argalleiras xunto o pradairo e as súas placas.

Antoloxía poética das árbores celtas

Este curso @s argalleir@s  das letras mergullámonos nun traballo de investigación.
Sabendo que a nosa alameda recibía os coidados necesarios e que as nosas árbores seguían medrando -como nos recomendou dicir Helena Villar Janeiro- só tiñamos que seguir relacionando a natureza coa literatura. Decidimos indagar a presenza das 21 árbores celtas ao longo da poesía galega. Si, dende a Idade Media ata a actualidade. Case nada!!! Organizámonos en grupos e distribuímos as árbores entre todos e todas. Menos mal que somos ordenadiños e seguimos os consellos das "responsables". Nada máis comezar xurdiron os problemas. Había grupos que tiñan o carballo, o piñeiro, o castiñeiro...  que nada máis comezar a lectura do libro xa aparecía a árbore. Pero os que se encargaban do tileiro, pradairo, sorbeira, olmo... non o tiñan tan fácil. Non houbo problema, todos para todos. "Se non atopamos facémolos nós, que para algo somos argalleir@s". Mans á obra. comezamos a elaborar haikus, poemas dirixidos .... para conseguir que ningunha das nosas árbores celtas quedase sen representación. Ah! tamén lle pedimos axuda a Helena Villar ( a nosa abraira) que nos enviou dous dos seus poemas para incluír na nosa antoloxía. 
Grazas Sabela Rodríguez (1ºESO) polo deseño que fixeches para o noso libro e a Xoel Carballeira por maquetalo. 
 @s Argalleir@s das letras agardamos que vos guste a antoloxía poética. Para o ano máis. 



domingo, 8 de mayo de 2016

DÍA DA INAUGURACIÓN

O día 18 de xuño foi unha data moi especial para toda a comunidade educativa do IES Castro da Uz, en especial para @s Argalleir@s das letras, xa que viamos o noso soño cumprido. Por fin, o noso traballo vía a luz e sería compartido por todos e todas nun día de festa! 
Deixámosvos co vídeo realizado e montado polos nosos compañeiros e compañeiras de 4ºESO, que cursaban informática, do curso 2014/ 2015. Grazas por seguir as nosas recomendacións e soportar as continúas modificacións que pediamos. 

Sentimos non poder compartir con vós os vídeos que recollen por completo a inauguración da Alameda Literaria das árbores celtas, xa que o seu peso é excesivo para incluílos neste blog, pero podedes seguir a montaxe realizada pola TVlocal das Pontes neste enderezo.
Deixámosvos cunhas imaxes dese día que falan por si soas:

Preparando o recibimento.
Mesa con todas as obras que contiñan os textos seleccionados
e presididos polo polo poema composto no Día do libro, que representa o bidueiro. 
Carlota e Alba inciando o acto de inauguración. 
Tucho Calvo participando con Sara na lectura do texto.
Elvira e Sofía coa música. 
Icía (música) e Laura e Begoña Martín lendo o haiku. 
@s nen@s do CEIP Monte Caxado lembrando a Helena Villar.
Xairo, Artur ( música) e Carmen e Francisco Castro lendo o texto elixido.
Ao fondo os presentadores do recital: Carmen e Álvaro. 
Tucho Calvo recibindo a súa árbore de mans de Carmen,
baixo a atenta mirada de José Antonio, director do centro. 
Begoña Martín recibindo a súa árbore
e lembrando os inicios deste proxecto. 
José Antonio entrega a árbore a Francisco Castro. 
Fina recolle a abeleira en nome de Helena Villar Janeiro. 
José Antonio entrega un agasallo a Katia e Carlota,
iniciadoras deste proxecto. 
Un momento do recital poético. 
Pura Galán agradecendo o agasallo
e animándonos a seguir así. 
Carmen entrega "unha árbore especial" a Lara.
Grazas por todo. 
Posando @s que participamos no recital poético musical
grazas ao traballo de todos e todas.

Non queremos desvelar ningún segredo máis, xa que toda a información dese día está recollida en moitas entradas deste blog. 
Animámonos a achegarvos ás árbores e respectalas, porque así protexeranvos en todos os proxecto que iniciedes. 
Ata pronto. 

martes, 26 de abril de 2016

PARA SEGUIR COÑECENDO MÁIS AS ÁRBORES CELTAS

Aquí vos deixamos algún enlace para que poidades coñecer as características das árbores celtas e aprender a coidalas.





ABELEIRA  ( CORYLLUS AVELLANUS)









ABETO   ( ABIES ALBA)











ÁLAMO ( POPULUS ALBA)











AMIEIRO  ( ALNUS GLUTINOSA)











BIDUEIRO  (BETULA ALBA)











CARBALLO  ( QUERCUS ROBUS)











CASTIÑEIRO  (CASTANEA SATIVA)











CEDRO  (CEDRUS)













CIPRÉS   (CUPRESSUS SEMPERVIRENS)











FAIA    (FAGUS SILVATICA)











FIGUEIRA  ( FICUS CARICA)











FREIXO  ( FRAXINUS EXCELSIOR)











MACEIRA  ( MALUS DOMESTICA)











NOGUEIRA   ( IUGLANS REGIA)












OLIVEIRA  ( OLEA EUROPAEA)










OLMO  ( ULMUS)










PIÑEIRO   ( PINUS PINASTER)











PRADAIRO   ( ACER PSEUDOPLATANUS)













SALGUEIRO   (SALIX BABILONICA)










SORBEIRA   ( SORBUS DOMESTICA)











TILEIRO    ( TILIA PLATYPHYLLA)