Departamento Lingua Galega, EDLG e Biblioteca.

domingo, 6 de mayo de 2018

SEGUIMOS CONCIENCIÁNDONOS DA NECESIDADE DE COIDAR OS NOSOS MONTES

Continuando co traballo comezado no mes de outubro, o día da árbore ( 27 de abril) tivemos a sorte de compartir con Serafín González Prieto ( doctor en Ciencias Biolóxicas, investigador científico do CSIC e Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural), unhas horas nas que nos falou e informou de temas moi interesantes para prever novos incendios e coidar o medio ambiente.
Icía e Carmen foron as encargadas de presentalo e agasallalo co noso libro As 21 plantas celtas, que dedicoullo, en nome de tod@s, a nosa compañeira Cristina Souto. 

Icía e Carmen rematando a presentación e entregándolle o agasallo

Ilustración de Cristina Souto
Serafín comezou a falarnos do que era unha vaga de lume, das condicións precisas para que se produza un incendio.

De como foron tratados os lumes que devastaron os nosos montes no mes de outubro. 


Deixounos claro que non hai "mafias" nin "terrorismo" nos lumes que acaban cos nosos montes, xa que o 90% dos casos están provocados polos propi@s galeg@s. Alucinamos cando nos comentou que moitos dos casos eran producidos por queimas que @s labreg@s e gandeir@s facían dende sempre e non tiñan coidado co que había que ter: vento, climatoloxía, medidas a ter en conta... Temos que ter en conta que o cambio climático é unha realidade e agora temos periodos moi longos de sequía e calor extremo...E tamén temos claro que aínda que estas persoas son as primeiras responsables, debemos esixirlles aos nosos gobernantes que fagan algo diferente ao que se está a facer, posto que está claro que non está a funcionar.

A nosa compañeira Cristina preguntoulle como podiamos facer para concienciar a estas persoas do necesario que é ter coidado á hora de facer esas queimas. Serafín contestoulle que se chegaramos ás persoas,  coma fai Gayoso no "Luar", e foramos transmitíndolles esta información,  seguro que habería menos lumes. ( Xa estamos pensando en poñernos en contacto con Gayoso e pedirlle colaboración neste tema). Son precisos programas, publicidade (a última campaña publicitaria contra os incendios é do ano 1990), políticas diferentes. Por certo, se vos apetece rir un rato, e ao mesmo tempo aprender, podedes ver o capítulo 131 do "Era visto" da TVG (dende o minuto 19:20).

Cristina escoitando a resposta á súa pregunta
Serafín continuou falándonos dos tipos de incendios que había ( subterráneos, superficiais e de copa), da diferenza que poden ter as lapas segundo a madeira que arda ( se é de mato máis lento, se é de eucalipto pode multiplicar a zona devastada moitísimo máis, posto que en situación de vento, seca e baixa humidade as súas faíscas poden prender novos focos simultaneamente ata a 3km de distancia).

Lembrounos que toda a madeira non arde igual. Se é autóctona arde moito máis lenta (carballos, castiñeiros), pero se non o é, pode xerar focos de lumes secundarios máis difíciles de apagar (piñeiros, eucaliptos). Incidiu en que as especies invasoras, como a mimosa,  provocan lumes moi complicados de apagar. E lembrounos que de plantar árbores ao redor das casas, deberían ser autóctonas.

Velocidade de propagación do lume 

Informounos sobre a forma de extinción dos incendios. Agora sabemos que non só empregan auga para facelo, ás veces  esta vai mesturada con produtos que danan o solo e, polo tanto, a tod@s nós. Recordounos que o SOLO é un recurso non renovable e, polo tanto, se quedamos sen el DESAPARECEREMOS e haberá que buscar outro planeta.  
Continuou falándonos dos danos colatarais que sofren as persoas encargadas da extinción dos incendios. En 40 anos, os incendios mataron a 32 persoas. O cancro é un risco " invisible" á que se enfrontan @s bombeir@s) e as persoas encargadas da extinción destes.

Con respecto a isto, falamos tamén da "Economía do lume" e das empresas que están a ganar moitos cartos coa extinción dos lumes.

Seguimos coñecendo o que hai que facer despois dos lumes. Serafín comentou que había que IMITAR A NATUREZA, seguir os consellos que nos foi achegando ao longo do tempo.
O primeiro era evitar a erosión empregando recursos naturais ( palla para reducir sedimentos, rulos feitos de fibra de coco...) para axudar a recuperar a vexetación. Tamén nos falou da situación na que quedan os animais que poboaban os terreos queimados, da contaminación das augas, do aire. De tantas cousas ...., que o tempo co noso amigo Serafín chegou a pouco.

Hai unha páxina, a da Sociedade Galega de Historia Natural, onde podemos atopar moita información referente aos incendios forestais en Galicia, ademais na súa páxina principal atopamos un enlace ao documento "Guía de actuacións dunha zona queimada". Nesta páxina, na pestana "Índice de actuacións" atopades un apartado dedicado aos incendios forestais.

Chegou a quenda de preguntas e Serafín contestou a todas as que nos deixou o tempo previsto.

Aquí vos deixamos coa gravación dalgunhas preguntas que remataron esta sesión que soubo a pouco. 



Quédanos claro que os galegos e galegas somos os primeiros responsables, posto que por imprudencia ou intencionalmente provocamos os incendios. Pero tamén é certo que estamos seguros que outra política forestal é posible e ahí ten toda a responsabilidade o goberno. Hai falta de información á cidadanía, dedícanse moitísimos máis recursos á extinción que á prevención,  non se aposta polas árbores autóctonas, as solucións propostas ata agora foron inútiles,...


Antes de rematar, queremos comentarvos que, imos tomar nós a iniciativa e se hai que contactar con Gayoso, faremos o necesario para concienciar a tod@s @ galeg@ e a todo o mundo para que teñamos coidado en coidar o noso. Sen os nosos montes, sen a nosa paisaxe, sen a nosa contorna non somos ninguén. Como dixo Serafín, se non coidamos o SOLO, haberá que buscar outro planeta. Nós non queremos facelo. 

NON MÁIS LUMES!

Dende o mes de outubro, e por culpa da vaga de lumes que asolou Galicia, estamos, aínda máis,  implicad@s de cheo no obxectivo de conseguir que non se volva producir unha catástrofe coma a vivida, xa que somos conscientes do necesario que é preservar o que temos, o que nos veu dado: A NATUREZA.
Dende o mes de novembro puxémonos en contacto cos responsables dunha das zonas máis devastadas polos lumes e menos coñecida e tratada nos medios de comunicación: a provincia de Ourense e, máis concretamente, o Parque Natural da Baixa Limia na Serra de Xurés.  Foron meses de espera ata que  responderon a nosa petición, na que nos brindabamos a  axudar a recuperar o monte queimado, porque queriamos sentirnos útiles amosando a nosa solidariedade e o noso respecto polo medio ambiente en primeira persoa. 

Logo de falar co responsable da Consellería de Medio Ambiente que nos facilitou o contacto cunha persoa que traballa no Parque Natural do Xurés, decidimos a data de saída: 2 e 3 de marzo. Non sei se lembrades esa fin de semana, nós si. Lóstregos, tronos, vento, chuvia e frío foron os nosos compañeiros de viaxe,  pero non nos importou, xa que que as nosas forzas eran moitas e puidemos con todo e con todos os fenómenos meteorolóxicos.
Unha mostra do tempo que nos acompañou. Vendo os Miliarios co noso guía Alberto. 
Ceando no albergue de Muíños.
Tod@s preparad@s para axudar a recuperar os montes de Salgueiro.
Queremos agradecer a paciencia e o bo facer de Alberto, o noso guía, por todo o que nos ensinou e nos guiou no traballo de recuperación da parte do monte que tiñamos asignada.
Aquí vos deixamos coa noticia que recolleu o xornal El Progreso da nosa experiencia.

Agora deixámosvos co vídeo que realizaron as nosas compañeiras e no que podedes ver todo o que aprendimos e o " pouco" que axudamos.



miércoles, 2 de mayo de 2018

IDENTIFICANDO O LUGAR DAS NOSAS PLANTAS CELTAS

Nós investigamos, sachamos, plantamos, axudamos..., pero neste último traballo botáronnos unha man @s profes. Decidimos, conxuntamente, como iamos realizar o peche do lugar onde plantaramos as plantas celtas e seguimos as indicacións  de Soto, o noso profe e argalleiro. 
Cando chegou o día da entrega do material necesario, descargamos a maleta do coche de Chelo e deixamos todo colocadiño onde nos dixeron.  
Aí vai o traballo que realizaron. 
Así comezou todo
Soto pensando e Guillermo agardando
Marina e Guillermo axudando a Soto
E así quedou a nosa Alameda Literaria acompañada das plantas celtas
Bo traballo!!!
Agora as 21 árbores celtas medrarán acompañadas das súas plantas. 
Só queda colocar a guía que elaboramos para que tod@s as coñezades e saibades identificalas, e así  coidalas e preservalas, coma a todo o noso medio ambiente.