Departamento Lingua Galega, EDLG e Biblioteca.

martes, 25 de octubre de 2016

Seguimos no tempo de outono

Cando nos achegamos a recoller as castañas do noso castiñeiro vimos que a árbore necesitaba unha poda inmediata. Non dubidamos en facela porque sabiamos que non iamos molestar o castiñeiro. Só houbo que esperar uns días ( alguén esqueceuse de traer a tesoira...) para realizar este traballo.
Que sorpresa tivemos cando volvemos ver que había nova colleita de castañas e, por riba, moita máis vexetación.
Aquí van as fotos que amosan ese momento:
Castiñeiro necesitado de poda.
Na recolleita antes de realizar o noso traballo
Boas castañas, non si?
Antes de podar tivemos que escoitar como había que colocar a tesoira e outras recomendacións máis. Carmela foi a elixida para a poda e  nós eramos os encargados de recoller as pólas para deixar limpa a nosa Alameda literaria.
Carmela podando ou limpando a árbore. 
 Non digades que non fixemos un traballo excelente. Que contento quedou o castiñeiro!
Canta vexetación!!!
E como fixemos un percorrido pola nosa Alameda para ver se había que limpar algunha outra árbore, volvemos pararnos na oliveira.

jueves, 20 de octubre de 2016

RECOLLEITA

Logo das vacacións chega o tempo do instituto, do traballo, dos traballos e da recolleita. Este curso estamos content@s porque as nosas árbores deron froito grazas ao noso coidado, claro está. Todas non, porque a maceira dános moito que facer.
Mirade a oliveira co seu froito.
Agora que estamos no tempo de outono dirixímonos ata o noso castiñeiro e atopamos isto:
Que ourizos máis guapos!
E aquí está a recolleita das nosas castañas:
Se vos fixades na foto anterior veredes que hai algúnha abelá... Algunhas persoas xa se adiantararan a nosa colleita.
Agora só queda comelas e saborealas o día do Samaín.
Ata pronto.

martes, 18 de octubre de 2016

Cinco novas árbores senlleiras

O outro día lemos no xornal El progreso que a Xunta de Galicia recoñecía a catro carballos e un freixo centenarios da zona de Muimenta como árbores senlleiras e que as incluía no seu Catálogo Galego.
Estamos content@s porque vemos como hai moitas persoas que seguen coidando as árbores e pedindo que as protexan.
Na noticia do xornal falaban de que o freixo estaba acompañado dun poema de Crecente Vega. Deixámosvos con parte del...

"O FREIXO"
 No campo de entre as casas, terra atopou de gusto e
prendeu i enraizou astra moi fondo nela. E xa ten centos de anos .
I está sano e robusto, co seu follaxe verde i a súa flor marela;
Coas súas canas vellas o campo enteiro abarca . Debaixo da súa
sombra non se sabe que é vran, erguendose moi outo  este señor
monarca xa di desde moi lonxe seus reinos donde están. Ás casas
que son súas - acordaas a facer  , mandalles cos seus brazos
o amoroso beixo e reza polos vellos avós, o vello freixo . ¡ Tantos
vellos que el viu nacer e viu morrer ! ... Ou ti , bon camiñante:
se polo  Freixo pasas, parate a vé- lo freixo...

Parabéns a XOTRAMU porque conseguiron o que había tempo levaban pedindo. Agora as súas árbores xa teñen o recoñecemento que  merecen. 
Nós seguimos coidando as nosas 21 árbores porque sabemos que algún día tamén estarán incluídas no Catálogo Galego das Árbores Senlleiras. 
Deixámosvos con esta presentación das árbores senlleiras da Terra Chá porque nos gustou moito.