Departamento Lingua Galega, EDLG e Biblioteca.

martes, 19 de abril de 2016

Plantamos a faia por quinta vez

Aínda que a maioría das nosas árbores sobreviviron a primeira vez que as plantamos, houbo algunhas que non o fixeron, entre elas a faia. O caso desta árbore é incrible, xa que non foron dúas as veces que a plantamos, senón cinco! Hoxe aproveitamos que non ía moito frío, nin chovía, para plantar a que esperamos sexa a derradeira faia.
Decidimos que a árbore fora plantada por tres mans inexpertas: Elena, Cintia e Laura. Estas mulleres, aínda que se entregaron moito á tarefa, non sabían nin como coller un sacho, pero sentíronse arroupadas por tod@s o@s argalleiro@s das letras, que con moito gusto lles ensinamos como tiñan que facer. Esperamos e desexamos que teñan a sorte do principiante e que a faia medre axiña!
Aquí vos deixamos unhas fotos da plantación.

Vicente e Xoel axudando a retirar a faia do testo

Juan botando un pouco de terra no furado que xa tiñamos feito hai días

Vicente buscándolle a mellor colocación á faia

Elena e Cintia plantando a súa primeira árbore

Laura arroupando a faia

FAIA PLANTADA.
Somos @s argalleir@s das letras que cavamos e fixemos o furado para plantar, por quinta vez, a faia. Estabamos ilusionad@s en que foramos nós @s elixid@s para este fin, pero vemos que se nos adiantaron.
Que content@s estamos sabendo que a tod@s @s argalleir@s nos move o cariño pola natureza! MOITOS ANOS PARA A NOSA " QUINTA" FAIA!
Aí van as fotos do noso traballo.
Movendo a terra na que estaba a "cuarta" faia.

Facendo o furado máis grande

Vedes como traballamos. Grazas Suso pola axuda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario