Departamento Lingua Galega, EDLG e Biblioteca.

martes, 23 de febrero de 2016

Os primeiros visitantes da alameda

Antes de inaugurar a nosa Alameda literaria das árbores celtas, recibimos unha visita d@s nos@s amig@s, un grupo de nenos do CPI Monte Caxado das Pontes. Eles e elas tiveron o privilexio de ser os primeiros en dar unha voltiña entre as nosas árbores e introducirse un pouco entre os seus autores.
Os pequenos e pequenas chegaron moi emocionados por ser os nosos primeiros visitantes e moi impacientes por coñecer a súa arbore. Un por un, Andrea e eu ( Alba ) fómoslle contando cal era a súa árbore e unha vez rematamos, comezamos o noso paseo. En cada árbore parabamos un pouquiño para explicarlles as características das persoas que naceran baixo esa árbore e contarlles o autor ao que decidiramos dedicarlla. Cando chegamos ao piñeiro (a árbore de Rosalía de Castro), os nen@s cantaron un anaquiño de Adiós ríos, adiós fontes, aínda que se puxeron un pouco nerviosos ao comezar. A Andrea e a min caïanos a baba! Todos os rapaces permanecían moi ilusionados coa visita, mais a súa ilusión multiplicouse cando chegamos á abeleira e viron que era a árbore de Helena Villar Janeiro, amiga súa e da súa mestra.
A visita continuou e os nenos e nenas marcharon cun sorriso na boquiña, prometéndonos que estarían aquí o día da inauguación, como así fixeron.
Andrea e eu cos primeiros visitantes baixo a sombra do castiñeiro

Orgullosos da abeleira dedicada a "súa"  Helena Villar Janeiro

A nosa alameda en braille

Os argalleiros e argalleiras das letras somos persoas moi solidarias (como xa saberedes), e por iso quixemos adaptar a nosa  Alameda Literaria das Árboles Celtas a todas as persoas,  independentemente das súas "posibles limitacións", para que  poidan mergullarse nelas e nos poemas que as acompañan.
Como no noso centro tivemos como compañeiro a unha persoa cega, decidimos comezar por adaptar a alameda para todas as persoas que non podían ver, pero si gozar de todo como facemos nós. Para este traballo pedimos axuda e colaboración á ONCE da Coruña. Puxémonos en contacto e el@s aceptaron encantad@s. Enviámoslles a información que queriamos que transcribisen a braille e, nuns días, chegou ao instituto o traballo feito. Moitas grazas a tod@s, en especial a Maribel Antequera por ser tan amable con nós e por apoiarnos e aconsellarnos no noso proxecto. 
Aquí van unhas fotos do traballo realizado pola ONCE que xa está á disposición de todas as persoas que se acheguen ata a biblioteca do centro para poder gozar plenamente do seu paseo pola alameda literaria. 
Libro enviado pola ONCE que está na biblioteca do centro
Unha mostra dos textos en braille.
Agora a nosa Alameda está adoptada para todo o mundo e,xa sabedes, estades tod@s convidados a vir!
Agardámosvos impacientes.
Aquí estamos @s argalleir@s das letras do club de narrativa, pero tod@s @s argalleir@s das letras queren darvos as grazas. MIL GRAZAS, MARIBEL. 

viernes, 19 de febrero de 2016

Grazas a Carlos Labraña

A comezos deste curso  chegou ao instituto unha carta dirixida aos argalleiros e argalleiras das letras. Ninguén se imaxinaba o que podería haber dentro. Cando a abrimos atopamos o libro: A fraga das árbores celtas e puxémonos moi contentos, polo simple feito de que nos enviasen algo do que nós gozamos tanto. O seu autor é Carlos Labraña, que nos dedicou unhas fermosas palabras polo traballo que estabamos realizando coas árbores celtas. 
Mirade a dedicatoria máis fermosa que nos dedicou e coa que nos encontramos nada máis abrir o libro. 
Queriamos agradecerche que te lembrases de nós e que nos axudes a dar a coñecer o noso traballo. Xa sabes que estás  convidado a achegarte á nosa Alameda Literaria das Árbores Celtas, sempre que queiras, para compartir un fermoso paseo entre elas.  
Ti, o teu libro e as túas palabras estarán sempre cos  argalleir@s das letras. 
Como non sabemos nin o día nin o mes no que naciches non che podemos enviar o noso agasallo. Pero  se podes dicírnolo verás como pronto o recibes por este medio. 
Moitas grazas, Carlos. 


viernes, 5 de febrero de 2016

Primavera silenciosa

@s argalleir@s das letras querémosvos comentar que xa saíu a tradución ao galego do libro de Rachel Carson, Primavera silenciosa. Nós non coñeciamos a esta autora, pero cando lemos a noticia en La voz de Galicia  comezamos a argallar.
Soubemos que foi unha muller valente e preocupada por conservar a natureza. Comprometida para conservar o medio, xa que sabía e denunciaba os efectos nocivos que provocaban nas plantas e en nós os produtos químicos que empregabamos para eliminar as pragas.  Cremos que ía por bo camiño, xa que o tempo foille dando a razón. 
Xa sabedes, se vos interesa conservar a natureza, e saber moitas cousas para conseguilo, podedes ir lendo Primavera silenciosa na nosa lingua grazas a Juan Casares Long. 
Como di Juan Casares na entrevista: " De repente fixo á sociedade consciente de que estamos a afectar gravemente a xestión dos recursos naturais, non cuestiona que a humanidade teña dereito a xestionar recursos, o que cuestiona gravemente é a capacidade de facelo". 


Árbores senlleiras de Galicia

O luns día 1 de febreiro veunos visitar ao centro Antonio Rigueiro Rodríguez para falarnos das árbores senlleiras de Galicia. 
Comezou preguntándonos o que pensabamos nós que era unha árbore senlleira. Logo soubemos que son árbores importantes, "monumentais", por diferentes causas: dimensións, tamaño, idade, cultura... e que son árbores que levan con nós moito tempo e que hai que preservar, como a todas. Para axudar á súa conservación comentounos que a Xunta de Galicia, no ano 2001, publicara a lei de conservación da natureza e no 2007 o Parlamento de Galicia  aprobou un decreto para catalogalas. Explicounos os diferentes criterios para facelo. Hai que ter en conta a morfoloxía, dendiometría ( medida da árbore), idade, produtividade, singularidade (foráneas ou autóctonas), valor histórico e cultural ( a "figueiriña" que prantou Rosalía e aínda podemos ver se nos achegamos á  casa da Matanza), valor científico (os castiñeiros asiáticos axudaron a mellorar a especie autóctona e eliminar pragas que os afectaban) e outros factores. 
Agora xa sabemos o xeito de catalogalas e aquí vos deixamos un enlace para que as coñezades. 
Antonio seguía contándonos cousas e  sorprendeunos cando nos dixo que había  máis árbores foráneas catalogadas que autóctonas, pero tamén coñecemos o motivo. Teñen en conta os xardíns públicos e privados, os parques... e, claro está, xa sabemos todos e todas o que pasa. 
O importante da charla foi que Antonio ía nomeando árbores que pertencen á familia ou especie das que temos na nosa alameda. Aí estaba o castiñeiro, o carballo, o pradairo, o ciprés, a oliveira, a figueira, o cedro, a sobreira ( e nos pensabamos que pasado o tempo algunha estaría dentro do catálogo das árbores senlleiras). Tamén nomeou outras: o eucalipto, a camelia, o teixo, a magnolia... 
Para rematar contounos a historia de Víctor Corral, un artesán de Baamonde que, cando querían ampliar a nacional VI, a estrada que vai de Coruña a Madrid,  se encerrou no oco do tronco do castiñeiro que querían cortar, e así impediu ese desastre. Logo, como premio esculpiu unha imaxe no seu interior. 
Isto foi o que nos aportou a charla de Antonio Rigueiro. Dende aquí querémoslle agradecer a súa visita e nós sentímonos  orgullos@s porque día a día imos aprendendo a coidar a natureza e ás nosas árbores celtas, que un día chegarán a estar no catálogo de árbores senlleiras de Galicia. 




martes, 2 de febrero de 2016

Pirogravados para a identificación

Coas árbores celtas plantadas e crecendo cada día e cada ano máis e máis, grazas aos nosos coidados, comezamos a pensar como iamos facer para identificalas e facilitarlles así a todos os que se achegasen ata elas a información que queriamos que coñecesen. Non foi tarefa fácil, porque nos levou moitos anos. Primeiro pensamos en colocar unha placa de ferro gravada coa información ao pé de cada árbore, pero cando pedimos presuposto, xa se nos foi a idea da cabeza. Había que seguir pensando e decidimos colocar un metacrilato de forma triangular co nome da árbore pegado e chantámolo ao pé. Nin que dicir que non aguantou un inverno.

Fixádevos na parte inferior da árbore. 


Non pensedes que non houbo enfados, porque nada do que decidiamos se podía facer, xa que custaba moitos cartos e non os tiñamos. Algunha solución tería que haber e así foi, e veu da man de Soto - grazas, grazas, grazas-, e de Maika, Chelo, Juan, Raúl e, claro está e como non, de Víctor e Rubén. Que pensades que argallaron? Pois o que fixemos. Compramos táboas para o exterior, cortámolas á medida e xa tiñamos o primeiro paso para a identificación das árbores celtas. Logo pirogravamos os nomes e toda a información que tiñamos pensada para cada árbore. Claro, houbo que comprar bos pirogravadores porque nas primeiras sesións houbo algunha que outra queimadura...  Todo preparado e todo listo para comezar. Non pensedes que foi un traballo fácil e rápido, non. Dende aquí querémosvos dicir que cando algo interesa, sempre hai tempo para facelo, e así o fixemos nós.


Raúl, Maika, Víctor e Juan.
Soto trouxo ás súas máquinas
e con Víctor e Rubén, mans á obra. 
















Todo ía segundo o previsto, porque @s argalleir@s somos inconbustibles. Pero como a cabeza non para de pensar xurdiu outra dúbida. Como imos facer a identitificación do panel principal, o que inaugure o paseo pola nosa Alameda Literaria das Árbores celtas? Volta empezar... Non hai diñeiro, toca pensar. Pois xa vedes o que argallamos.
Panel rematado e colocado.



Traballando na aula de lingua galega,
 que logo limpamos perfectamente.
Víctor e Rubén colocando as
identificacións ao pé das árbores.





















Agora deixámosvos coa presentación na que podedes ver os pirogravados das árbores celtas ao pé de cada unha delas.



Grazas a todos por facer posible o noso soño da Alameda literaria das árbores celtas.