Departamento Lingua Galega, EDLG e Biblioteca.

martes, 23 de febrero de 2016

Os primeiros visitantes da alameda

Antes de inaugurar a nosa Alameda literaria das árbores celtas, recibimos unha visita d@s nos@s amig@s, un grupo de nenos do CPI Monte Caxado das Pontes. Eles e elas tiveron o privilexio de ser os primeiros en dar unha voltiña entre as nosas árbores e introducirse un pouco entre os seus autores.
Os pequenos e pequenas chegaron moi emocionados por ser os nosos primeiros visitantes e moi impacientes por coñecer a súa arbore. Un por un, Andrea e eu ( Alba ) fómoslle contando cal era a súa árbore e unha vez rematamos, comezamos o noso paseo. En cada árbore parabamos un pouquiño para explicarlles as características das persoas que naceran baixo esa árbore e contarlles o autor ao que decidiramos dedicarlla. Cando chegamos ao piñeiro (a árbore de Rosalía de Castro), os nen@s cantaron un anaquiño de Adiós ríos, adiós fontes, aínda que se puxeron un pouco nerviosos ao comezar. A Andrea e a min caïanos a baba! Todos os rapaces permanecían moi ilusionados coa visita, mais a súa ilusión multiplicouse cando chegamos á abeleira e viron que era a árbore de Helena Villar Janeiro, amiga súa e da súa mestra.
A visita continuou e os nenos e nenas marcharon cun sorriso na boquiña, prometéndonos que estarían aquí o día da inauguación, como así fixeron.
Andrea e eu cos primeiros visitantes baixo a sombra do castiñeiro

Orgullosos da abeleira dedicada a "súa"  Helena Villar Janeiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario