Departamento Lingua Galega, EDLG e Biblioteca.

martes, 2 de febrero de 2016

Pirogravados para a identificación

Coas árbores celtas plantadas e crecendo cada día e cada ano máis e máis, grazas aos nosos coidados, comezamos a pensar como iamos facer para identificalas e facilitarlles así a todos os que se achegasen ata elas a información que queriamos que coñecesen. Non foi tarefa fácil, porque nos levou moitos anos. Primeiro pensamos en colocar unha placa de ferro gravada coa información ao pé de cada árbore, pero cando pedimos presuposto, xa se nos foi a idea da cabeza. Había que seguir pensando e decidimos colocar un metacrilato de forma triangular co nome da árbore pegado e chantámolo ao pé. Nin que dicir que non aguantou un inverno.

Fixádevos na parte inferior da árbore. 


Non pensedes que non houbo enfados, porque nada do que decidiamos se podía facer, xa que custaba moitos cartos e non os tiñamos. Algunha solución tería que haber e así foi, e veu da man de Soto - grazas, grazas, grazas-, e de Maika, Chelo, Juan, Raúl e, claro está e como non, de Víctor e Rubén. Que pensades que argallaron? Pois o que fixemos. Compramos táboas para o exterior, cortámolas á medida e xa tiñamos o primeiro paso para a identificación das árbores celtas. Logo pirogravamos os nomes e toda a información que tiñamos pensada para cada árbore. Claro, houbo que comprar bos pirogravadores porque nas primeiras sesións houbo algunha que outra queimadura...  Todo preparado e todo listo para comezar. Non pensedes que foi un traballo fácil e rápido, non. Dende aquí querémosvos dicir que cando algo interesa, sempre hai tempo para facelo, e así o fixemos nós.


Raúl, Maika, Víctor e Juan.
Soto trouxo ás súas máquinas
e con Víctor e Rubén, mans á obra. 
















Todo ía segundo o previsto, porque @s argalleir@s somos inconbustibles. Pero como a cabeza non para de pensar xurdiu outra dúbida. Como imos facer a identitificación do panel principal, o que inaugure o paseo pola nosa Alameda Literaria das Árbores celtas? Volta empezar... Non hai diñeiro, toca pensar. Pois xa vedes o que argallamos.
Panel rematado e colocado.



Traballando na aula de lingua galega,
 que logo limpamos perfectamente.
Víctor e Rubén colocando as
identificacións ao pé das árbores.





















Agora deixámosvos coa presentación na que podedes ver os pirogravados das árbores celtas ao pé de cada unha delas.



Grazas a todos por facer posible o noso soño da Alameda literaria das árbores celtas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario