SORBEIRA
SORBUS DOMESTICA
1-10 abril / 4-13
outubro
FRANCISCO CASTRO
foi o autor elixido por tod@s @s argalleiros das letras para a súa sorbeira.
“Esta lingua non quere vivir na favela”
Esta
lingua non quere vivir na favela
porque
é lingua lume, lanterna e faro
que
nos mantén vivos no ceo, dende o tempo dos avós.
Esta
lingua non quere ser suburbio
porque
ten unha historia inmensa de séculos luminosos
na
parte de atrás
incluso
no
sotaque inevitable dos corazóns resentidos que odian á nosa tribo.
Esta
lingua non quere habitar nunha cidade estraña
porque
está feita a man cos alicerces mansos da xente boa
na
que aniñou humilde cando era o tempo dos lobos
as
mesmas feras que agora volven
famentas
de vinganza
dende
o máis escuro das súas escuras covas.
Esta
lingua quere ser música
acubillo,
calma mol, circunstancia feliz.
Poderedes
metela na favela
condeala
ao suburbio
obrigala
a residir nunha cidade estraña.
Tanto
ten.
Ela
foi.
Ela é.
Ela é.
Ela
será.
Francisco Castro, “Esta lingua non quere vivir na
favela”
Artur e Xairo puxeron música e Carmen -axudada polo autor- puxo voz ao poema " Esta lingua non quere vivir na favela".
No hay comentarios:
Publicar un comentario