Departamento Lingua Galega, EDLG e Biblioteca.

miércoles, 27 de enero de 2016

Plantamos as 21 árbores celtas

Unha vez realizado o traballo de investigación ( agradecemos a "feliz" idea das profes Begoña Martín - que xa non está no centro- e Consuelo Devesa - a que seguimos aguantando- por poñernos a traballar... ), @s nos@s compañeiro@s pensaban que xa remataran, pero non foi así. 
FALTABA O MÁIS IMPORTANTE. Se todo o alumnado sabía e coñecía a árbore celta que o protexería ao longo da súa vida, o lóxico sería o que fixeron. Meu dito, meu feito! Plantaron as 21 árbores celtas no contorno do centro para telas preto deles e delas e coidalas e protexelas como elas  fan con nós. 
Na plantación axudáronlles / axudáronnos moit@s profesor@s a conseguir as árbores, buscar terra para facer que estas creceran mellor,  cavar os 21 buratos para que a terra fose respirando antes de plantalas... Dende aquí queremos dar as grazas a tod@s os que nos axudaron e xa non están no centro: Begoña Martín, Begoña Campos, Pilar Casanova, Fina Otero, Lina e Celia. E a aquel@s que seguen axudándonos a facer este soño realidade, porque están aquí e  vivirono dende o comezo: Manuel Feás, Cristina Alves e Consuelo Devesa. Tamén queremos agradecer a colaboración nestes últimos anos a: Elena, Natalia, Flora, Santiago (xunto con Chelo coidaron a figueira e conseguiron salvala), Suso ( salvou  moitas árbores o ano pasado, porque cando viñeron segar a herba mancaron a moitas. Grazas, Suso) e a tod@s @s profes do instituto, pero, realmente, a quen queremos dar as grazas é a tod@s @s argalleir@s das letras e a todo o alumnado do centro, xa que sen o seu traballo, a súa colaboración, o seu respecto pola natureza nada disto podería realizarse e manterse durante tantos anos. 
Despois de todos estes agradecementos volvemos ao noso. 
No 2002 todo o alumnado plantou as árbores (que coidaron e coidamos tod@s @s alumn@s do centro ao longo dos anos)  no terreo do instituto. Temos que dicir que da primeira plantación só o tileiro non superou o primeiro ano ( non sabemos ben o motivo, ou, ao mellor, non queremos dicilo... ), a nogueira, a faia e o cedro non superaron as inclemencias meteorolóxicas, porque nós coidámolas o mesmo cás outras, e o álamo creceu tanto, tanto e tanto que case tira o instituto. Como as súas raíces chegaron a provocar problemas nos canos do centro... houbo que cortalo, pero nós plantamos outro nun lugar  máis axeitado que seguro medrará e medrará.
Aquí está o primeiro álamo. Fixádevos como o coidamos que
creceu, creceu e creceu..




















@s argalleir@s das letras plantando o novo
álamo no curso 2013/2014.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario