Departamento Lingua Galega, EDLG e Biblioteca.

lunes, 18 de enero de 2016

ASÍ DIN AS ÁRBORES QUE ES

Unha vez que xa sabes a árbore que te coida, quererás saber como caracterizan os celtas as persoas que nacen baixo a protección desta árbore, non si?
Aí vai o noso traballo. Xa sabes: busca a túa árbore e le a información. MOITA SORTE!, e esperemos que che atine. 
Unha cousiña que nos faltaba. Non pensedes que @s nos@s compañeir@s quedaron aí. Non. Por se era pouco o traballo da onomástica, cultura celta.... identificaron árbore e cor. Si, cada árbore vai asociada a unha cor... Non pensedes que remataron aquí. 

                                                    ABELEIRA       CORYLLUS AVELLANUS
O EXTRAORDINARIO
Son persoas encantadoras, conformistas, comprensivas, seguras, espertas, positivas, comprometidas socialmente, tolerantes, xustas, honestas, temperamentais. Amantes caprichosos, sensuais, sensibles,   e excesivamente apaixonados.
A SÚA COR: MARRÓN.
ABETO      ABIES ALBA
O MISTERIO
Son persoas que aman a beleza, dignas, sofisticadas, temperamentais, testanas, un pouco egoístas pero preocupadas polos seus; modestas e ambiciosas; intelixentes e traballadoras; insatisfeitas no terreo amoroso e con moitos amigos e inimigos. Leais nas relacións persoais.
A SÚA COR: PÚRPURA
ÁLAMO        POPULUS ALBA
A INCERTEZA
Son persoas cun alto sentido da estética que buscan rodearse de ambientes agradables. Non moi seguras de si; valentes só se é preciso. Son selectivas, entusiastas, boas organizadoras e ás veces solitarias. Amantes dos saberes filosóficos e moi comprometidas e serias nas relacións persoais.
A súa cor: GRIS
AMIEIRO        ALNUS GLUTINOSA
O BO GUSTO
Son persoas dunha beleza fresca; preocupadas pola súa aparencia e pola súa condición económica. Altruístas, disciplinadas, racionais, inseguras á hora de tomar decisións e desconfiadas. Buscan na parella  sensibilidade, comprensión, bondade e soñan con amantes inusuais. Son felices nas súas relacións.
A SÚA COR:   Todas as da natureza.... O ARCO DA VELLA

BIDUEIRO    BETULA ALBA
A INSPIRACIÓN
Son persoas con moita vitalidade, atractivas, elegantes, amigables e modestas. Aborrecen o vulgar e gustan da  natureza e da calma –sensación que transmiten ao seu arredor-. Imaxinativas, pouco ambiciosas e apaixonadas.
A súa cor: BRANCA
CARBALLO         QUERCUS ROBUR
A VALENTÍA
Son persoas fortes, valentes, implacables, independentes, sensibles, realistas, racionais, inquietos e non gustan dos cambios.
A SÚA COR:   VERMELLA

CASTIÑEIRO  CASTANEA SATIVA
A HONESTIDADE
De fermosura enigmática.Gusta de pasar inadvertido e quedar ben coa xente, aínda que por veces amose un sentido de superioridade. Xusto, incomprendido, vital, interesado, irritable, sensible pola súa inseguridade.No amor só ama unha vez.
A SÚA COR:  VIOLETA

                                                                                     CEDRO       CEDRUS
A CONFIANZA
Son persoas dunha estraña beleza, abertas, prepotentes, seguras de si, impacientes, con moitos talentos, traballadoras, optimistas, gustan do luxo, do recoñecemento social e saben adaptarse ás situacións. Esperan ao único e  verdadeiro amor.
A SÚA COR: VERDE TURQUESA
                     CIPRÉS        CUPRESSUS SEMPERVIRENS
A FIDELIDADE
Son persoas fortes, adaptables, satisfeitas, conformistas, optimistas, irascibles, indóciles, pedantes, e desinteresadas. Gustan do diñeiro e do recoñecemento social. Odian a soidade. No amor son fieis, apaixonados e sempre insatisfeitos.
A SÚA COR: LARANXA.
FAIA     FAGUS SILVATICA
A CREATIVIDADE
Son persoas con moi bo gusto; preocupadas polas aparencias, materialistas, metódicas, aforradoras, líderes, razoables e non gustan de vivir riscos innecesarios. Son as perfectas compañeiras para a vida.
A SÚA COR:  VERMELLA  ESCURA

FIGUEIRA   FICUS CARICA
A SENSIBILIDADE
Son persoas elegantes, independentes, divertidas, prácticas, intelixentes, volubles, nugallás e amantes do tempo libre. Pacíficas,  tímidas, pero abertas. Amantes dos nenos e dos animais. Sensuais e atractivas para o sexo oposto.
A SÚA COR: AZUL VIOLÁCEA

               FREIXO           FRAXINUS EXCELSIOR
A AMBICIÓN
Son persoas atractivas, vitais, impulsivas, esixentes, seguras de si, ambiciosas, intelixentes, amantes do descoñecido, leais e por veces egoístas. No terreo amoroso son máis racionais que sentimentais e comprométense seriamente nas relacións.
A SÚA COR: BRANCA E NEGRA

MACEIRA        MALUS DOMESTICA
O AMOR
Son persoas carismáticas, atractivas, xenerosas, agradables, despistadas, presumidas, aventureiras, sensibles, de talentos científicos, imaxinativas e que gustan  vivir o día a día. Namoradeiras, luxuriosas, fieis e tenras. Gústalles amar e ser amadas.
A SÚA COR:  VERMELLA

NOGUEIRA     IUGLANS REGIA
A PAIXÓN
Son persoas implacables, estrañas e contraditorias. Egoístas, agresivas, nobres, abertas, espontáneas, ambiciosas, inflexibles. Non sempre agradan pero son admiradas. No amor son parellas difíciles e pouco comúns. Celosas e apaixonadas e non lles gusta comprometerse.
A SÚA COR: AZUL

OLIVEIRA       OLEA EUROPAEA
A SABEDORÍA
Son persoas que gustan do sol, dos sentimentos cálidos e tenros. Razoables, equilibradas, pacíficas e pacifistas. Tolerantes, alegres, tranquilas, xustas, sensibles, comprensibles, amantes da lectura e da compaña de persoas interesantes. No amor non coñecen os celos.
A SÚA COR: AZUL ESCURA
OLMO       ULMUS
MENTALIDADE NOBRE
Son persoas agradables, preocupadas pola súa estética, conformistas, alegres, xenerosas, leais, prácticas. Aprenden dos seus erros. Gústalles mandar, pero non obedecer e tomar decisións polos demais. Nas súas relacións de parella son honestas e fieis.
A SÚA COR:  AMARELA

PIÑEIRO      PINUS PINASTER
O PARTICULAR
Son persoas fortes, activas, francas, idealistas, prácticas, inconstantes nas súas buscas, rancorosas – por veces-   e amantes das boas compañías. Namoradeiras e a súa paixón dura pouco.
A SÚA COR: VIOLETA

PRADAIRO     ACER PSEUDOPLATANUS
MENTE ABERTA
Son persoas  imaxinativas, orixinais e inconformistas. Tímidas e reservadas. Ambiciosas, orgullosas e seguras de si. Nerviosas e de difícil trato. Intelixentes e con boa capacidade memorística. Cunha vida amorosa complicada.
A SÚA COR: ROSA

SALGUEIRO    SALIX BABILONICA
A MELANCOLIA
Son persoas fermosas, melancólicas, atractivas, próximas, viaxeiras, soñadoras, caprichosas e, por veces, mentireiras,  honestas, influenciables, esixentes, intuitivas, amigables e amantes do bo gusto. No amor sofren e buscan o apoio na parella. Difíciles para convivir.
A SÚA COR: AMARELO BRILLANTE

SORBEIRA   SORBUS DOMESTICA
A  SENSIBILIDADE
Son persoas encantadoras, alegres, desinteresadas, incansables,  amantes da vida, das emocións, do bo gusto, e mesmo dos problemas. Son apaixonadas, emocionais (dóciles ou independentes), boas compañeiras e non esquecen.
A SÚA COR: GRIS CLARA

TILEIRO    TILIA  PLATYPHYLLA
A DÚBIDA
Son persoas con grandes contradicións. Odian pelexar, as tensións e o traballo, pero tamén a preguiza e a ociosidade. Con moitos talentos, pero incapaces de explotalos. Son delicadas e saben ceder. Inconformistas. Leais e celosas.
A SÚA COR: VERDE ESCURA

( Non sei se será aquí o mellor  lugar onde podemos engadir hipervínculos en cada árbore – sobre a súa orixe, coidado... en páxinas en galego ou esperar a facelo cando engadamos as fotos).

( AO MELLOR É PREFERIBLE DEIXAR ESTAS ENTRADAS SEN FOTOS E ACHEGAR UNHA NOVA ENTRADA COA IMAXE DE CADA UNHA DELAS QUE LEVE A UN HIPERVÍNCULO SOBRE A INFORMACIÓN CIENTÍFICA DA ÁRBORE EN GALEGO. hai que buscar enlaces de páxinas en galego, pero NUNHA NOVA ENTRADA???


No hay comentarios:

Publicar un comentario