Departamento Lingua Galega, EDLG e Biblioteca.

martes, 18 de octubre de 2016

Cinco novas árbores senlleiras

O outro día lemos no xornal El progreso que a Xunta de Galicia recoñecía a catro carballos e un freixo centenarios da zona de Muimenta como árbores senlleiras e que as incluía no seu Catálogo Galego.
Estamos content@s porque vemos como hai moitas persoas que seguen coidando as árbores e pedindo que as protexan.
Na noticia do xornal falaban de que o freixo estaba acompañado dun poema de Crecente Vega. Deixámosvos con parte del...

"O FREIXO"
 No campo de entre as casas, terra atopou de gusto e
prendeu i enraizou astra moi fondo nela. E xa ten centos de anos .
I está sano e robusto, co seu follaxe verde i a súa flor marela;
Coas súas canas vellas o campo enteiro abarca . Debaixo da súa
sombra non se sabe que é vran, erguendose moi outo  este señor
monarca xa di desde moi lonxe seus reinos donde están. Ás casas
que son súas - acordaas a facer  , mandalles cos seus brazos
o amoroso beixo e reza polos vellos avós, o vello freixo . ¡ Tantos
vellos que el viu nacer e viu morrer ! ... Ou ti , bon camiñante:
se polo  Freixo pasas, parate a vé- lo freixo...

Parabéns a XOTRAMU porque conseguiron o que había tempo levaban pedindo. Agora as súas árbores xa teñen o recoñecemento que  merecen. 
Nós seguimos coidando as nosas 21 árbores porque sabemos que algún día tamén estarán incluídas no Catálogo Galego das Árbores Senlleiras. 
Deixámosvos con esta presentación das árbores senlleiras da Terra Chá porque nos gustou moito.



No hay comentarios:

Publicar un comentario