Cando nos achegamos a recoller as castañas do noso castiñeiro vimos que a árbore necesitaba unha poda inmediata. Non dubidamos en facela porque sabiamos que non iamos molestar o castiñeiro. Só houbo que esperar uns días ( alguén esqueceuse de traer a tesoira...) para realizar este traballo.
Que sorpresa tivemos cando volvemos ver que había nova colleita de castañas e, por riba, moita máis vexetación.
Aquí van as fotos que amosan ese momento:
 |
| Castiñeiro necesitado de poda. |
 |
| Na recolleita antes de realizar o noso traballo |
 |
| Boas castañas, non si? |
Antes de podar tivemos que escoitar como había que colocar a tesoira e outras recomendacións máis. Carmela foi a elixida para a poda e nós eramos os encargados de recoller as pólas para deixar limpa a nosa Alameda literaria.
 |
| Carmela podando ou limpando a árbore. |
Non digades que non fixemos un traballo excelente. Que contento quedou o castiñeiro!
 |
| Canta vexetación!!! |
E como fixemos un percorrido pola nosa Alameda para ver se había que limpar algunha outra árbore, volvemos pararnos na oliveira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario