Departamento Lingua Galega, EDLG e Biblioteca.
Mostrando entradas con la etiqueta Arbores da nosa alameda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arbores da nosa alameda. Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de abril de 2016

ABETO


ABETO         ABIES ALBA


2-11 xaneiro /   5-14 xullo

O noso abeto está dedicado a CELSO EMILILIO FERREIRO.



Daniel puxo a música e Xan a voz ao poema 

"O teito é de pedra" da obra Longa noite de pedra. 


MACEIRA

 MACEIRA 
MALUS DOMESTICA

23 decembro- 1 xaneiro / 25 xuño- 4 xullo

FRAN ALONSO
é o autor ao que lle dedicamos a nosa maceira. 


























Elvira e Sofía puxeron a música e Álvaro a voz ao poema
"Chove" incluído na obra O meu gato é un poeta. 


ÁLAMO

ÁLAMO
POPULUS ALBA

4- 8 febreiro / 1-14 maio / 5-13 agosto


EDUARDO PONDAL






FAIA

FAIA
FAGUS SILVATICA


22 decembro

A nosa faia está dedicada a

Deixámosvos co vídeo no que as argalleiras das letras, Elvira e Sofía poñen música e Adela recita o poema: " No niño novo do vento".

CEDRO


CEDRO
CEDRUS


9-18 febreiro  /  14-23 agosto

foi o autor elixido por todos e todas nós para represenar o CEDRO.

Juan púxo voz ao poema " The stuff the dreams are made of" da obra Poemas 1981-1991 e a música
correu a cargo de Xan.


TILEIRO

TILEIRO
TILIA  PLATYPHYLLA


11- 20 marzo   /   13-22 setembro

foi o autor elixido para representar o tileiro.

Elvira e Sofía puxeron a música e Alba Requeijo a voz ao poema "¡Ai!" incluído en Aires da miña terra.




CIPRÉS

CIPRÉS
CUPRESSUS SEMPERVIRENS


25 xaneiro- 3 febreiro / 26 xullo- 4 agosto

O noso ciprés está dedicado a
A.D. RODRÍGUEZ CASTELAO.

Señor Fuco
¡Pimpinela! ¡Pimpinela! ¡Sabede que se casóu con aquel rapaz que a rondaba - ¡un lacazán! – e que agora os dous durmen e folgan, e fan o pescozo e o ventre gordos á miña conta. ¡Cos meus bens! E polo visto xa venderon o pinal da Bouza e os lameiros do Canabal. ¡Larcháns! ¡Destragadores! Dígovos que hoxe estóu como para facer chatolas cos dentes.[…]

Señor Fuco
Velahí vai… Escoita ti primeiro, Ramonciño, porque vas arder… e non de risa… Como a Xustiza topóu no peto da túa chaqueta un escrito, no que lle pasabas a Micaela una finca das mellores, e todos sabían que xa lle tiñas pasado outras, agora ela di que vivía en pecado mortal contigo.

Don Ramón
¡Eso non é certo!    […]

Boticario
¿E para min non traes novas ningunhas?

Señor Fuco
Tamén hai algo; pero máis levián. A túa Lela casóuse co carabineiro e xa teñen catro fillos.   […]

Señor Fuco
Ningún de vós morreu tan adoecido coma min. Ti, Saturio, adormentácheste con xaropes da túa botica, para morreres sen doores. Ti, Ramón, morreches atordoado polo viño e non te decataches do pasamento. A miña norte foi arrabeada. Morrín como un can da rabia, coma quén olla unha fonte de auga pura e non pode bebela. Eu morrín de sede. ¡Morrín por namorarme de vello!
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Os vellos non deben de namorarse


Música: Sara - violín- e Xairo -piano-.
Voz: Xan, Daniel e Francisco.
Aquí vos deixamos cun pequeno fragmento de Os vellos non deben de namorarse.


SALGUEIRO

SALGUEIRO SALIX BABILONICA


1-10 marzo  /  3- 12 setembro

O salgueiro está dedicado a 

Icía puxo a música e Borja voz a un fragmento da novela A esmorga.



[...]
-
-Si, señor, si; os mesmos. O Juan Fariña e o Eladio Vilarchao, que están aí nos papeis, son o Bocas e o Milhomes polos alcumes, que é como aquí nos coñecemos todos e que non ofenden a ninguén, porque Xan e Aladio poden ser calisquera, pero o Bocas e o Milhomes só poden ser os que son, do mesmo xeito que eu son Cipriano Canedo e me chaman o Cibrán ou o Castizo, como vostede goste, pois o meu pai tiña un castizo para servir porcas, con licencia... Anque tamén me chamen o Tiñica e o Puchapodre, porque de rapaz                                                                               tiven a tiña, que me durou ata mozo, e                                                                                 andaba coa gorra moi apegada...
                                                                          -
                                                                          - Non, señor non; só era para írmonos                                                                                   entendendo, pois xa me vou deprocatando                                                                             que vostede non é de aquí...
                                                                          -
                                                                         [...]

                                                                        Eduardo Blanco Amor, A esmorga


NOGUEIRA

NOGUEIRA
IUGLANS REGIA


21-30 abril  /   24 outubro- 11 novembro

A nogueira decidimos dedicarlla a
MANUEL RIVAS.

O texto elixido foi " A lingua das bolboretas", incluído na obra de relatos Que me queres amor?
A música puxérona as argalleiras Elvira e Sofía e a voz ao texto, Alba Requeijo.





O meu pai contaba como un tormento, como se lle arrincara as amígdalas coa man, a maneira en que o mestre lles arrincaba a gheada da fala para que non dixeran aghua nin ghato nin ghracias. ‘’Todas as mañás tiñamos que dicir a frase Los pájaros de Guadalajara tienen la garganta llena de trigo. ¡Moitos paos levamos por culpa de Ghuadalagara!’’ Se de verdade quería meterme medo, conseguiuno. A noite da véspera non durmín. Encollido na cama, escoitaba o reloxo de parede na sala coa anguria dun condenado. O día chegou cunha claridade de mandil de carniceiro. Non mentiría se lle dixera aos meus pais que estaba enfermo.


Manuel Rivas, ¿Que me queres amor?, “A lingua das bolboretas” 

viernes, 1 de abril de 2016

ABELEIRA


ABELEIRA
ABRAIRA
CORYLUS AVELLANA

2- 31 marzo / 24 setembro- 3 outubro

HELENA VILLAR JANEIRO
foi a escritora elixida para a nosa abeleira.



Icía puxo a música e Laura - acompañada de Begoña Martín- a voz ao haiku " A noite é un jazz-band" incluído en Palpebra azul.


miércoles, 30 de marzo de 2016

OLIVEIRA



OLIVEIRA
OLEA EUROPAEA

23 setembro

 A nosa oliveira está dedicada a
CELESTINO FERNÁNDEZ DE LA VEGA.



“ESTRUCTURA E SENSO DO HUMOR.  Humor e filosofía”

Volvendo ó noso problema do humor, resulta que a ironía do humorista consiste nunha especie de desdobramento da personalidade, nunha visión simultánea de cousas distintas que permite establecer sutiles relatos e contrastes entre as cousas que, ás veces, parecían moi alonxadas. O senso desas relacións e contrastes é una teima por non se dar por vencido do humorista: o humorista non quere traxedias nin quere rir sen máis nin máis, a tontas e a loucas; cando a tristura ou a dor son moi fortes o seu esforzo é máximo e o humor vólvese sarcástico; cando o que hai que evitar é a proclividade ó riso e á comicidade o humorista extrema a súa benevolencia, esfórzase en buscar circunstancias atenuantes do ridículo, chega a se facer cómplice secreto do personaxe ou a situación fustigados polo látigo do riso: mais o seu esforzo ten límites cando a traxedia é inevitable: ou ridiculez insalvable, “inxustificable”, entón o humorista dáse por vencido: tamén el se entrega ó riso ou ó pranto.


Celestino Fernández de la Vega, O segredo do humor







Podedes visionar o vídeo no que a argalleira das letras, Ariana pon voz a un dos textos do autor.


PIÑEIRO


PIÑEIRO
PINUS PINASTER

19-28 febreiro  /   24 agosto- 2 setembro


O noso piñeiro está dedicado a
ROSALÍA DE CASTRO


“¡Silencio!”

A man nerviosa e palpitante o seo,
as niebras nos meus ollos condensadas,
con un mundo de dudas nos sentidos
i un mundo de tormentos nas entrañas,
sentindo cómo loitan
en sin igual batalla
inmortales deseios que atormentan
e rencores que matan,
mollo na propia sangre a dura pruma
rompendo a vena hinchada,
i escribo escribo ¿para qué? ¡Volvede
ó máis fondo da ¡alma,
tempestosas imaxes!
¡Ide a morar cas mortas relembranzas!
¡Que a man tembrosa no papel só escriba
palabras, e palabras, e palabras!
Da idea a forma inmaculada e pura
¿dónde quedóu velada?

                                                                                Rosalía de Castro, Follas Novas, “Vaguedás”



O poema elixido foi " Silencio", ao que puxo voz a argalleira das letras, Carlota, e música, Candela.

SORBEIRA

                        
                              SORBEIRA
                                               SORBUS DOMESTICA

1-10 abril  /  4-13 outubro



FRANCISCO CASTRO 
foi o autor elixido por tod@s @s argalleiros das letras para a súa sorbeira. 

                                                                                             “Esta lingua non quere vivir na favela”

Esta lingua non quere vivir na favela
porque é lingua lume, lanterna e faro
que nos mantén vivos no ceo, dende o tempo dos avós.
Esta lingua non quere ser suburbio
porque ten unha historia inmensa de séculos luminosos
na parte de atrás
incluso
no sotaque inevitable dos corazóns resentidos que odian á nosa tribo.
Esta lingua non quere habitar nunha cidade estraña
porque está feita a man cos alicerces mansos da xente boa
na que aniñou humilde cando era o tempo dos lobos
as mesmas feras que agora volven
famentas de vinganza
dende o máis escuro das súas escuras covas.
Esta lingua quere ser música
acubillo, calma mol, circunstancia feliz.
Poderedes metela na favela
condeala ao suburbio
obrigala a residir nunha cidade estraña.
Tanto ten.
 Ela foi.
 Ela é.
 Ela será.

Francisco Castro, “Esta lingua non quere vivir na favela”



Artur e Xairo puxeron música e Carmen -axudada polo autor- puxo voz ao poema " Esta lingua non quere vivir na favela". 

CARBALLO


CARBALLO
QUERCUS ROBUR


21 marzo

O carballo decidimos dedicarllo a
MIRO VILLAR.





“QUINÓN”

As nubes da incerteza ferintes coma o sol,

sempre sodes Ulises, hai sempre unha Penélope

que agarda con tecidos. E Ítaca está distante

mesmo que fose a penas unha marea de horas,

e Ítaca está distante mesmo que sempre volvas.


Miro Villar, Mar de rostros. Gameleiros







Sofía e Elvira puxeron a música e Carmen a voz ao poema "Quinón" incluído en Mar de rostros. Gameleiros. 


CASTIÑEIRO

CASTIÑEIRO
CASTANEA SATIVA

15- 24 maio / 12- 21 novembro

O noso castiñeiro está dedicado a
TUCHO CALVO.
Grazas por acompañarnos.


 [...]
De alguén e de algures sen concreción, naceu a orde temida. Fixouse o día do regreso e da concentración de tódolos exiliados ás aforas da cidade. E como se fose o mandado de todos, non tardou en comezar unha peregrinación de volta nin máis doada nin leda que a que os afastara das súas casas.
O asalto sería tres días despois. Pero as autoridades, diante dunha multitude de centos de miles de persoas, non tiñan argumentos para facelas mudar de idea nin tampouco medios para disolver pola forza a concentración sen facer unha masacre.
-Só desistiremos se nos dan en man a chave dunha vivenda digna e medios para vivir. Non quero promesas para dentro de dous días nin dunha semana, berraba unha muller resumindo o que pensaba a maioría.
[...]
Tucho Calvo, Telúrico







Deixámosvos co vídeo no que as argalleiras das letras Elvira e Sofía - poñen música- e Sara 
Cerezuela - voz.- interpretan o texto sacado de Telúrico, acompañadas polo autor.


OLMO

OLMO
ULMUS

12-24 xaneiro   /   15-25 xullo

O olmo está dedicado a
UXÍO NOVONEYRA.





COUSOS do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
onde ninguén foi nin ha d’ir!

O lobo! Os ollos o lombo do lobo!

Baixa o lobo polo ollo do bosco
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo na folla dos carreiros
en busca da vagoada máis sola e máis medosa...

Rastrexa
párase e venta
finca a pouta ergue a testa e oula cara o ceo
con toda a sombra da noite na boca.
Uxío Novoneyra, Os eidos

Elvira e Sofía puxeron música, e Borja  voz ao poema "Cousos do lobo" de Os Eidos. 




PRADAIRO



PRADAIRO
ACER PSEUDOPLATANUS

11-20 abril  / 14-23 outubro

O noso pradairo está dedicado a
MARIA LADO




cuqui é pequeno de máis para ser un osiño de peluxe

e cáelle o naris
por iso non lle gusta ir á lavadora
nin que mamá o colgue a secar polas orellas
ademáis
bótame de menos durante o centrifugado
          e eu a el                       ¿e se lle doe?
         as orellas          ¿e se lle doen as orellas das pinzas?
         ou estar só tanto tempo na trandeira

e eu a el     sobre todo hoxe que é luns e ti estás tan lonxe
así que o meto húmido debaixo das sabas
e apértoo
para que non chore máis que eu sexa xa grande
que me gusta porque sei que me quere pequeno
como só poden querer os osiños os nenos
que lle perdoan ata a dor das pinzas
como sei que ti e eu nos queremos

María Lado,  casa atlántica casa cabaret






Aquí vos deixamos co argalleiro das letras, Álvaro -á guitarra- e coa argalleira, Carmen - voz- para que gocedes do poema " Cuqui".

FIGUEIRA

FIGUEIRA
FICUS CARICA

14-23 xuño / 12-21 decembro

A figueira está dedicada a
LINO BRAXE.


A PATERA”
Ela cruzou o estreito
nunha triste patera.
Ela pagara a pasaxe
para fuxir da area.
Do deserto maldito.
Esquecer a miseria.
Procurar un destino
onde rompe a marea.

Evocar a súa tribu
nas noites eternas.

Ser león e ser cebra.
Ser lúa e ser terra.

Esperar ese fillo
que no ventre lle medra
e danzar nas tabernas
imitando as gacelas.

    E soaron disparos...
  E volcou a patera.
                                                                                                        Lino Braxe, A caricia da serpe

Artur puxo a música e Xan a voz oa poema " A patera" incluído na obra A caricia da serpe.


FREIXO

FREIXO
FRAXINUS EXCELSIOR

25 maio- 3 xuño / 22 novembro- 1 decembro

O freixo está dedicado a
RAMÓN CABANILLAS.

RAMÓN CABANILLAS


Encomenda”

A ti, miña muller, arca pechada
que no seu fondo garimoso encerra
o que me queda santo sobre a terra,
van estes versos de visión dourada.

Eles diranche que, ó través da vida,
sempre, sempre miña alma soñadora
pideulle a Dios que na postreira hora
cerre os meus ollos esa man querida.

E neles vai, paxaro cara ó niño,
agardando que o colla con cariño,
este meu rogo que a visión compreta:

Quero na lousa que me dé sosego
esta palabra que ten luz: "Gallego"
e esta palabra que ten ás: "Poeta".
Ramón Cabanillas, Vento mareiro


Sofía e Elvira ( música) e Daniel ( voz) interpretaron o poema " Encomenda" de Vento mareiro.


BIDUEIRO

BIDUEIRA
BETULA ALBA


24 xuño

Aquí está a árbore dos Argalleiros e argalleiras das letras. O destino quixo que non foramos quen de atopar un escritor ou escritora que nacera o 24 de xuño, pois que mellor que dedicárnola a nós que pasamos a vida escribindo e argallando!


























Sara e Xairo puxeron música ao poema "Soñando"- froito da actividade do Día do Libro- e Carlota, Andrea M. Alba R. e Lucía a voz as palabras de tod@s @s argalleir@s das letras.