Departamento Lingua Galega, EDLG e Biblioteca.

miércoles, 27 de enero de 2016

Taller de encadernación

Para @s argalleir@s das letras, xa nos ides coñecendo, coidar o medio ambiente é importantísimo, pero se só o coidamos nós, pouco podemos facer. Dende aquí querémosvos dicir que hai que poñer todo da nosa parte para coidar a natureza e reciclar todo o que poidamos. REUTILIZAR, POR FAVOR! CONSUMIR O NECESARIO!
Nós aprendemos que o traballo artesanal axuda a conservar o medio. Non vos podedes imaxinar o pracer que supón escribir nun papel feito por vós e logo saber como encadernalo, poñelo fermoso para que apeteza lelo. 
Algunha vez probastes a facer un taller de encadernación? Nós si. Agora as nosas creacións están na biblioteca do centro ao lado de autores e autoras de nome recoñecido. 


Os mozos aprendendo dos maiores

Foron e son moitos os traballos e as actividades que realizamos tendo como punto de partida ás árbores celtas, pero, sen dúbida, unha das mellores foi cando visitamos os velliños e velliñas da residencia da terceira idade da nosa vila. Alá fomos para compartir unhas horas con eles e elas e aprender algo das árbores, como facían, os usos que lle daban, se tiñan algúns segredos... pero é mellor deixarvos co artigo da revista escolar Argalladas.
Un día inesquecible para @s argalleir@s das letras. 


O libro dos nomes e das árbores

A elaboración de O libro dos nomes e das árbores foi o que comezou toda esta argallada. Argallada que dura porque dende.... hai moitos, moitos, moitos anos seguimos traballando no tema.
Lembramos que o prólogo do noso libro realizouno Gonzalo Navaza e logo vai o noso traballiño.


Gustaríache saber como te define a túa árbore celta?

En O libro dos nomes e das árbores non só estudamos e coñecemos a orixe e significado dos nosos nomes e apelidos, xa sabedes que identificamos a árbore celta que nos protexe e que nos guía ao longo da nosa vida. Como xa imaxinades, as árbores saben moi ben a quen coidar, porque coñecen os seus defectos e as súas virtudes. As árbores necesitan luz e cores, de aí que cada un de nós estea identificado con unha, segundo elas. Non sabemos se vos recoñeceredes, unha vez que leades como vos definen, pero o que si vos pedimos é que coidedes a todas as árbores e á natureza, porque o mundo e nós, sen elas, non seriamos nada.


Plantamos as 21 árbores celtas

Unha vez realizado o traballo de investigación ( agradecemos a "feliz" idea das profes Begoña Martín - que xa non está no centro- e Consuelo Devesa - a que seguimos aguantando- por poñernos a traballar... ), @s nos@s compañeiro@s pensaban que xa remataran, pero non foi así. 
FALTABA O MÁIS IMPORTANTE. Se todo o alumnado sabía e coñecía a árbore celta que o protexería ao longo da súa vida, o lóxico sería o que fixeron. Meu dito, meu feito! Plantaron as 21 árbores celtas no contorno do centro para telas preto deles e delas e coidalas e protexelas como elas  fan con nós. 
Na plantación axudáronlles / axudáronnos moit@s profesor@s a conseguir as árbores, buscar terra para facer que estas creceran mellor,  cavar os 21 buratos para que a terra fose respirando antes de plantalas... Dende aquí queremos dar as grazas a tod@s os que nos axudaron e xa non están no centro: Begoña Martín, Begoña Campos, Pilar Casanova, Fina Otero, Lina e Celia. E a aquel@s que seguen axudándonos a facer este soño realidade, porque están aquí e  vivirono dende o comezo: Manuel Feás, Cristina Alves e Consuelo Devesa. Tamén queremos agradecer a colaboración nestes últimos anos a: Elena, Natalia, Flora, Santiago (xunto con Chelo coidaron a figueira e conseguiron salvala), Suso ( salvou  moitas árbores o ano pasado, porque cando viñeron segar a herba mancaron a moitas. Grazas, Suso) e a tod@s @s profes do instituto, pero, realmente, a quen queremos dar as grazas é a tod@s @s argalleir@s das letras e a todo o alumnado do centro, xa que sen o seu traballo, a súa colaboración, o seu respecto pola natureza nada disto podería realizarse e manterse durante tantos anos. 
Despois de todos estes agradecementos volvemos ao noso. 
No 2002 todo o alumnado plantou as árbores (que coidaron e coidamos tod@s @s alumn@s do centro ao longo dos anos)  no terreo do instituto. Temos que dicir que da primeira plantación só o tileiro non superou o primeiro ano ( non sabemos ben o motivo, ou, ao mellor, non queremos dicilo... ), a nogueira, a faia e o cedro non superaron as inclemencias meteorolóxicas, porque nós coidámolas o mesmo cás outras, e o álamo creceu tanto, tanto e tanto que case tira o instituto. Como as súas raíces chegaron a provocar problemas nos canos do centro... houbo que cortalo, pero nós plantamos outro nun lugar  máis axeitado que seguro medrará e medrará.
Aquí está o primeiro álamo. Fixádevos como o coidamos que
creceu, creceu e creceu..




















@s argalleir@s das letras plantando o novo
álamo no curso 2013/2014.

















Herbario das árbores celtas

Esta actividade fíxonos descubrir moitas cousas e achegarnos máis ás árbores, porque aproveitamos  para coñecer o nome científico destas, o nome popular que reciben en diferentes  linguas, as características das súas follas, do tronco, da madeira, que usos tiña ou segue tendo na actualidade... En fin, xa vos imaxinades.Tamén traballamos a lingua porque tivemos que describilas, compoñer haikus, relatos baseados nas súas características...  
Un dos traballos que máis nos gustou foi realizar o herbario. Neste curso engadiremos as cinco árbores que plantamos o curso pasado para telo completo.


Plantamos as cinco árbores que faltaban

Como xa sabedes, só cinco árbores ( faia, cedro, álamo, tileiro e nogueira) das vinte e unha plantadas no 2002 non puideron cos elementos, así que a nós nos correspondía repoñelas e así o fixemos.
Fixádevos na presentación porque van todos os pasos que seguimos para que crecesen como ata agora o están facendo.